A actividade de Abanca no segmento de produtos estruturados, que combinan un activo principal con derivados financeiros, foi posta en valor a través dos premios SRP Europe Awards e SP Intelligence Awards.
Segundo sinala a entidade con sede operativa na Coruña, estes recoñecementos acreditan "o bo desempeño do banco" tanto en España como en Portugal, reforzando o seu posicionamento como referente no mercado ibérico.
A entrega dos SRP Europe Awards tivo lugar en Londres, no marco da conferencia SRP Europe 2026. Alí, Abanca foi distinguida na categoría 'Best Performance Spain & Portugal'.
O outro galardón, os SP Intelligence Awards, foi entregado en Estocolmo. Neste caso, o banco galego obtivo, por terceiro ano consecutivo, o premio na categoría 'Best Distributor, Portugal'.




