A orquestra Panorama retransmite o España-Bélxica nas festas de Mosteirón

Os asistentes á verbena na parroquia sadense puideron gozar do partido da Selección Española na pantalla do escenario da orquestra.

Imaxe xenérica dun escenario exterior pola noite cunha pantalla xigante mostrando un partido de fútbol e unha multitude borrosa.
IA

Imaxe xenérica dun escenario exterior pola noite cunha pantalla xigante mostrando un partido de fútbol e unha multitude borrosa.

Os veciños de Mosteirón, na parroquia sadense, puideron seguir o partido España - Bélxica do Mundial de Fútbol na pantalla da orquestra Panorama, que actuaba nas festas de San Benito.

A comisión de festas da parroquia sadense de Mosteirón organizou a verbena coa orquestra Panorama, un dos pratos fortes das festas de San Benito, sen saber que coincidiría co partido de cuartos de final do Mundial de Fútbol entre España e Bélxica.
Ante a coincidencia de horarios, a orquestra Panorama cedeu a pantalla do seu palco para que os asistentes puidesen ver o encontro deportivo. A verbena estaba programada para as 22:30 horas e o partido comezou ás 21:00 horas, polo que o segundo gol de Mikel Merino só provocou un pequeno adianto na música.
Deste xeito, os asistentes ás festas puideron gozar dunha vitoria da Selección Española e dunha posterior verbena, entre churrasco, crioulos e bebidas.
As celebracións continuarán este sábado 11 con pulpada e verbena a cargo de Punto Clave, ademais do tradicional lanzamento do globo de papel. A festa rematará o domingo con misa en honra a San Benito, rondallas, sesión vermú e verbena con Óbice Capital.