O contrato, que busca garantir a atención aos veciños, divídirase en cinco lotes diferenciados por zonas xeográficas da cidade. Cada lote será adxudicado a unha empresa responsable, cubrindo así as necesidades específicas de cada área.
As zonas de traballo abranguen diferentes códigos postais. O lote 5, centrado nos barrios de Os Castros e O Castrillón, contará co maior orzamento, ascendendo a 6,19 millóns de euros.
Ademais, licitarase un lote adicional para o control de calidade do servizo, cunha dotación duns 317.000 euros durante a vixencia do contrato.
O financiamento deste servizo non recaerá unicamente sobre o Concello, xa que o acordo entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Xunta de Galicia establece que o Goberno autonómico achegará ata o 50% do orzamento.




