O evento, que conta con 53 vehículos inscritos e preto de 120 participantes, foi presentado esta semana por representantes da organización e do Concello da Coruña. A comitiva, que parte da explanada de Riazor, realizará un percorrido que combina cultura, gastronomía e natureza, finalizando o 12 de xullo na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
A organización destacou que a maioría dos participantes proceden de fóra da comunidade autónoma, o que converte esta iniciativa nun motor de promoción turística para a cidade. Segundo as estimacións da entidade promotora, o impacto económico desta edición superará os 250.000 euros, consolidándose como unha cita de referencia para o sector do caravaning a nivel estatal.
“"O itinerario organízase ao detalle e cada ano cámbiase, o que significa que percorremos a comunidade varias veces e a ausencia de repetición fai que algúns participantes teñan esta ruta como as súas vacacións."
O percorrido inclúe paradas en puntos emblemáticos como Sabucedo, para asistir á Rapa das Bestas, Pontevedra, Baiona e O Grove. Ademais, a edición deste ano destaca pola presenza de vehículos de alta gama, algúns deles de ata doce metros de lonxitude, que contan con garaxes integrados para transportar turismos auxiliares.




