A oferta pública inclúe inmobles con superficies que oscilan entre os 30 e os 162 metros cadrados. Segundo os datos da Delegación do Goberno en Galicia, as rendas mensuais están fixadas nun rango de entre 350 e 705 euros, cun custo medio de 6,24 euros por metro cadrado.
O proceso de adxudicación non se rexerá pola orde de chegada das solicitudes. Unha vez finalizado o período de inscrición, realizarase un sorteo ante notario para establecer a orde definitiva dos participantes. Este acto determinará, mediante a selección dun número ao azar, a secuencia para a asignación das vivendas dispoñibles.




