A campaña tamén inclúe seguimento ás familias que xa compostan. Para participar, as persoas interesadas deben anotarse en http://consorcioam.rsu.gal/. O equipo da campaña contactará cos inscritos para convocalos á sesión formativa. As datas e o lugar exactos en Culleredo anunciaranse nos próximos días.
Esta iniciativa conta co cofinanciamento da Unión Europea a través do programa FEDER Galicia 2021-2027.




