A planta superior do edificio abrirá en horario de 08:00 a 15:00 para ofrecer atención cidadá en trámites de Mobilidade e Edificación, como a solicitude de tarxetas Millennium ou permisos de ocupación de dominio público para obras e terrazas.
A planta baixa, onde se localizan as dársenas, tamén manterá o seu uso. Provisionalmente, será empregada polas empresas de transporte metropolitano que necesiten estacionamento, usar a estación de abastecemento ou conten con oficinas administrativas. O acceso aos andares quedará restrinxido unicamente a persoas e vehículos autorizados.
Ademais, a estación seguirá sendo a sede do CIMOB, o centro encargado da regulación do tráfico na cidade, que permanecerá operativo as 24 horas do día.




