Esta xornada, que reafirma e comproba os límites territoriais entre municipios a ambos os lados da fronteira, busca fortalecer os vínculos de veciñanza, amizade e cooperación. A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, participou xunto aos alcaldes Manuel Tibo (Terras de Bouro), Augusto Mariño (Ponte da Barca) e Olegário Gonçalves (Arcos de Valdevez), acompañados polos seus respectivos secretarios municipais.
O encontro simboliza a vontade de manter vivos os vínculos históricos, fortalecer a colaboración institucional e traballar conxuntamente na posta en valor do patrimonio, a cultura e os recursos compartidos.
“"En nome das tres cámaras municipais portuguesas, o alcalde de Terras de Bouro trasladou unhas cálidas palabras de condolencia, apoio e agarimo ás persoas afectadas polo accidente ferroviario de onte, nun xesto de proximidade que o Concello de Lobios agradece profundamente."
O Concello de Lobios agradeceu a presenza, a proximidade e a mostra de afecto dos seus homólogos portugueses, destacando que este xesto de humanidade contribúe a fortalecer a relación entre os municipios.




