A festa, que busca poñer en valor unha das tradicións máis arraigadas do outono galego, ofrecerá un menú completo que inclúe castañas, chourizos, panceta, pan, viño, queimada e bica. A cita está pensada para gozar en boa compañía, promovendo a convivencia entre familias, amizades e a veciñanza.
A ambientación musical correrá a cargo da Charanga El Tattoo, que porá o ritmo á celebración e animará aos asistentes a participar nesta xornada festiva. O Concello anima a todos a reservar a data e a unirse a esta celebración que, segundo destaca, "en Lobios, o outono sabe a castañas, tradición e convivencia!".




