A reunión tivo lugar na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense, coa presenza tamén da directora territorial da Consellería, Pilar Fernández León. Durante o encontro, repasáronse as últimas actuacións de colaboración entre a Xunta e o Concello de Muíños.
Entre as melloras abordadas atópanse as destinadas a espazos no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, enmarcadas no Plan Hurbe. A conselleira tamén informou o rexedor sobre os distintos programas de rehabilitación de vivendas dispoñibles para os concellos, incluíndo os Fondos de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.
O departamento que dirixe María Martínez Allegue busca apoiar aos municipios na execución de proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza e impulsen a competitividade económica.




