O acto de presentación celebrouse no salón de actos do Concello, onde estiveron presentes a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas Vázquez, e Jorge Villarino, director de Publicidade de La Región. Bande convértese así no décimo concello da provincia de Ourense que acolle esta iniciativa, que ten como obxectivo achegar oportunidades de participación social e compartir experiencias entre as persoas maiores.
O programa estrutúrase en diferentes actividades. Os talleres motivacionais terán lugar o 25 de novembro e o 3 de decembro na casa do concello. O 27 de novembro realizarase un taller interxeracional no CEIP Xoaquín Lourenzo. Ademais, ofreceranse dúas sesións de capacitación dixital os días 4 e 11 de decembro, tamén na casa do concello.
Como parte da colaboración, o diario La Región obsequiará a cada participante cunha suscrición dixital durante un mes. As persoas interesadas poden inscribirse de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas, nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 988 443 001.




