O suceso tivo lugar sobre as dúas e media da madrugada cando o vehículo, no que viaxaban catro ocupantes, saíuse da vía e impactou contra un muro. Un dos ocupantes foi quen alertou ao servizo de emerxencias 112 Galicia para solicitar axuda sanitaria.
Desde o 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Comba. Os efectivos desprazados ao lugar confirmaron que os catro ocupantes, entre eles os dous menores, foran trasladados ao Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde da localidade.
Aínda que ningún dos feridos revestía gravidade aparente, todos eles foron atendidos no centro de saúde xalleiro.




