A representante autonómica informou que o Goberno galego, a través de Turismo de Galicia, destinou un total de 522.153 euros a 18 proxectos da área de Vigo. Estas axudas enmárcanse no Plan territorial de sostibilidade turística de Galicia e están financiadas ao 100% polos fondos NextGenerationEU.
A nivel galego, concedéronse 117 achegas por un importe superior a 4,56 millóns de euros. A provincia de Pontevedra é a que máis proxectos concentra, con 66 iniciativas que repartirán 2,58 millóns de euros, distribuídas en 15 concellos.
As actuacións subvencionadas contemplan tres liñas principais: mellora da eficiencia enerxética, dixitalización de recursos turísticos do litoral e mellora da fachada turística costeira.




