Durante o encontro, celebrado na sede da Dirección Xeral, abordáronse medidas para facilitar a inscrición e matrícula do alumnado, así como a xestión dos procedementos asociados ás probas escritas de titulación. Explorouse a mellora do sistema informático para axilizar estas tarefas e avanzar cara a unha tramitación máis sinxela e eficiente.
Tamén se tratou a planificación dos exames para 2027, a partir das propostas da asociación. Subliñouse a necesidade de manter canles de diálogo fluídas e unha coordinación permanente entre a Dirección Xeral, as escolas oficiais náutico-pesqueiras (como o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo) e as academias privadas, co obxectivo de favorecer o intercambio de experiencias e mellorar a organización das probas e a xestión administrativa.
Os representantes de AGEENAR comprometéronse a trasladar propostas de mellora na normativa reguladora da ensinanza náutica de recreo para futuras actualizacións. A reunión desenvolveuse nun clima de diálogo coa vontade compartida de facilitar a coordinación entre as distintas entidades implicadas na formación e avaliación do alumnado.




