Tras o éxito de participación e interese, a iniciativa busca que nais, pais e fillos/as participen conxuntamente nunha xornada amena para coñecer a historia local. A visita centrarase na chegada do corsario inglés Francis Drake á zona e explicará os elementos significativos do lugar de forma didáctica, a través de xogos e adiviñas.
A actividade terá lugar o vindeiro domingo 13 de setembro, orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias. O punto de encontro será ás 11:00 horas no posto de salvamento da praia de Santa Marta.
A visita é gratuíta e require inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona ou a través do correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal. O prazo remata o venres 11 de setembro ás 13:30 horas.




