A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do padroado da Fundación Marinnleg. Durante o encontro, celebrado en Vigo, aprobáronse as contas correspondentes ao exercicio anterior e tamén se abordaron as actividades que se están a desenvolver na actualidade por esta entidade público-privada.
A Fundación Marinnleg foi creada co obxecto de contribuír a un desenvolvemento socioeconómico sostible da economía produtiva do sector marítimo-pesqueiro galego. Ademais, participa activamente nas tarefas de fomento e transferencia do coñecemento xurídico neste ámbito.
Para acadar estes fins, a fundación leva a cabo diversas actividades, entre as que se inclúen o asesoramento especializado, a formación, a investigación e a recompilación de información e datos relevantes para o sector.




