Un importante despregamento de efectivos da Policía Nacional, Local e sanitarios tivo lugar esta mañá, preto das 11:30 horas, na rúa Paseo do Pexegueiro, en Redondela. A intervención iniciouse tras recibir o aviso do 112 por berros dun home na vía pública.
O varón, que ao parecer sofre problemas de saúde mental e conta con antecedentes penais, estaba a lanzar obxectos pola ventá e a gritar. Segundo fontes policiais, o home sufriu un brote psicótico. Dada a súa actitude, foi necesaria a intervención policial xa que o suxeito se atrincheirara na súa vivenda, impedindo a apertura da porta.
Unha dotación de axentes, equipados con escudos e cascos, accedeu á vivenda sobre as 14:00 horas para restablecer a normalidade no barrio e garantir a atención sanitaria necesaria ao home.
Unha vez dentro do domicilio, os axentes confirmaron que o home se atopaba só. No interior da vivenda, acharon un machete e varios coitelos de distintas dimensións.




