O Partido Popular de Galicia reuniu onte na cidade olívica os seus membros para analizar a primeira metade da lexislatura á fronte da Xunta. Durante o evento, o seu presidente destacou os avances acadados e instou os asistentes a manter o pulso de traballo.
A pesar do balance positivo, Feijóo animou o seu equipo e os militantes a non baixar a garda e a seguir esforzándose, coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais e nas xerais posteriores. "Galicia non pode deterse. Imos de primeiros e temos que traballar moitísimo máis a partir de agora", sinalou.




