A décima edición de Navalia, un encontro benal clave para o sector marítimo-industrial, preséntase con previsións de récord en asistencia e unha notable proxección internacional. A cita reúne a máis de 1.200 marcas distribuídas en máis de 600 expositores.
A innovación tecnolóxica, a sustentabilidade e as oportunidades de negocio son os eixos centrais desta edición, que busca consolidar a posición de Vigo como epicentro da industria naval a nivel global.
A xornada inaugural estivo marcada polo ambiente de negocio e a presentación das últimas novidades do sector, reflectindo o dinamismo e a importancia estratéxica da feira para a economía marítima.




