Este plan de expansión, que forma parte do denominado Corredor Norte, inclúe tamén proxectos e plantas en Lugo, Asturias, León, Valladolid e Barcelona. Segundo explicou José Andrés González-Para, director de Enxeñaría do grupo, a elección de Vigo débese á súa capacidade e ao importante aporte de profesionais na rexión, onde xa contan cunha sede dende 2022.
“"É unha aposta importante; hai capacidade e vamo-lo conseguir."
A directora de Recursos Humanos de Indra Group, María del Carmen Moneva, destacou a necesidade de crear unha «soberanía tecnolóxica» no sector da defensa, considerando o momento actual como un «punto de inflexión». O obxectivo é posicionar a Indra como «principal cabeza tractora en emprego tecnolóxico» na comunidade, con postos de traballo «ligados a tecnoloxías punteiras».
Os novos empregos distribuiranse entre o polo de drons do aeródromo de Rozas, en Lugo, e, especialmente, en Vigo. Na cidade olívica, Indra é o principal investidor da planta de chips fotónicos Sparc Foundry e aposta polo Centro de Excelencia Aeroespacial e Defensa. A compañía busca incorporar perfís de formación universitaria e de Formación Profesional para cubrir estas vacantes.
Javier Basilio Pérez, director de Enxeñaría de Produto de Defensa e Vixilancia Electrónica de Indra Group, describiu a guerra electrónica como un nicho «apaixonante» e «multidisciplinario» que implica o «dominio do espectro» de comunicacións. Este centro de enxeñaría en Vigo xa fora mencionado en xullo polo CEO, José Vicente de los Mozos, e a ministra de Defensa, Margarita Robles.




