O Concello de Gondomar aposta por achegar a lectura, a narración oral, a cultura e a creatividade á infancia a través de propostas lúdicas e participativas. O programa "Ler Conta Moito" busca fomentar o interese pola lectura entre os máis pequenos.
A primeira cita terá lugar o venres, 11 de setembro, coa presenza da recoñecida narradora, escritora e actriz Paula Carballeira. A sesión centrarase no poder das historias e en deixar voar a imaxinación.
O venres seguinte, 18 de setembro, o Mago Charly Braun ofrecerá un espectáculo de maxia, ilusión e sorpresas na Biblioteca Municipal, deseñado para o disfrute familiar.
Ambas as actividades se celebrarán na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 18:00 horas. Dende o Concello fan un chamamento ás familias para que participen nestas propostas de ocio e aprendizaxe arredor dos libros e da maxia, contribuíndo así a crear espazos para imaxinar e descubrir.




