Co obxectivo de asegurar as reservas de sangue e atraer novos doadores, a ADOS puxo en marcha esta iniciativa no Centro Comercial Gran Vía. Os cen primeiros cidadáns que se acheguen a doar recibirán unha entrada de cine como agradecemento polo seu xesto solidario.
O autobús de doazón estará situado na entrada principal do centro comercial, fronte á rotonda, durante dous días. O venres 10 de abril, o horario será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. O sábado 11 de abril, a recollida de sangue realizarase unicamente en horario de mañá, de 10:00 a 15:00 horas.
A Xunta de Galicia, a través dun comunicado, subliñou a importancia de manter unha participación constante nas doazóns para garantir que haxa reservas de todos os grupos sanguíneos. A ADOS recorda que son necesarias máis de 400 doazóns diarias para asegurar un abastecemento axeitado de compoñentes sanguíneos nos hospitais galegos.




