A Casa das Artes de Vigo abriu as súas portas a unha nova exposición que pon en valor os fondos da Colección Municipal de Arte Galego-Vigo (CMAG). O Concello adaptou o terceiro andar do emblemático edificio do antigo Banco de España para crear un espazo dedicado a unha coidada selección de 70 pezas artísticas.
Esta mostra, comisariada por Xosé Ballesta e Carlos Bernández, propón un percorrido cronolóxico que abarca seis décadas de creación artística na cidade de Vigo. Os visitantes poderán contemplar obras representativas da arte local e descubrir pezas que se exhiben por primeira vez ao público.
Entre as pezas destacadas atópase a vidreira de Lugrís, orixinalmente creada para o Hotel Moderno, que conta cunha sala exclusiva. Nesta mesma sala tamén se expón o mural San Telmo, realizado para o mesmo establecemento, así como o recoñecido cadro Habitación dun vello mariñeiro do mesmo autor.




