O seu traballo centrarase nas liñas de investigación relacionadas coa eficiencia enerxética na edificación e a calidade ambiental interior. Broday colaborará co equipo en proxectos como o IAQIA3, que estuda a calidade do aire interior e a súa relación co benestar e o rendemento cognitivo.
Actualmente, o equipo do GTE está a desenvolver un piloto de monitorización da calidade do aire interior en varias aulas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, co obxectivo de analizar a influencia das condicións ambientais no rendemento do estudantado.
A incorporación de Broday permitirá sumar a experiencia dun investigador cunha ampla traxectoria internacional a unha liña de investigación na que o GTE leva anos traballando.
Evandro Eduardo Broday é profesor asociado na UTFPR desde 2013 e doutor en Enxeñaría de Produción. A súa investigación céntrase na calidade ambiental interior (IEQ), a calidade do aire interior (IAQ), o confort térmico e os factores humanos. É investigador de produtividade do CNPq e membro da ISIAQ.
Esta estancia tamén busca fortalecer a colaboración entre a Universidade de Vigo e a UTFPR en materia de calidade ambiental interior e eficiencia enerxética en edificios.




