O desafío, celebrado nas instalacións de Máis que Auga Barreiro, non só marcou un fito deportivo senón que tamén tivo un fin solidario, xa que se doaron 1.200 euros á Asociación Española contra el Cáncer.
As regras do récord permitiron breves descansos de cinco minutos por cada hora de xogo, tempos que os participantes puideron acumular e xestionar ao seu antollo. Ao longo do maratón disputáronse un total de 100 sets.
Ao final xogaron 100 sets, con triunfo de Brais e Martín por 57 a 43.
A pesar da resistencia e a longa duración do encontro, a parella formada por Brais Rey e Martín Domínguez impúxose co resultado final de 57 a 43.




