A competición, que contou co patrocinio da Xunta e do Xacobeo 2027, reuniu a medio centenar de participantes en diferentes clases de vela. Tras dúas regatas costeras, Pérez, da clase Láser (ILCA), foi o vencedor final.
O evento, de carácter multiclase, tamén incluíu obradoiros medioambientais e bautismos de mar, ademais das probas de navegación. Participaron regatistas das flotas de Snipe, Vaurien, 420, ILCA e Optimist do club.
“"Esperamos que esta edición sirva para seguir impulsando a vela na nosa ría e a conciencia medioambiental."
A pesar de que Pablo Cabello se impuxo en tempo real nas dúas mangas (con tempos de 40:50 e 33:30 minutos), o triunfo en tempo compensado na primeira proba foi para Alejandro Pérez. Cabello afrontará agora dúas novas citas importantes: a Copa Galicia de Vaurien e o Mundial da súa categoría.




