A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, con sede en Vigo, consolídase cada ano como un dos principais centros de formación en xoiería artística de España e un dos mellores con proxección internacional para os seus alumnos e alumnas. Con máis de dúas décadas de traxectoria, esta institución privada imparte estudos de xoiería artística homologados polo Ministerio de Educación, centrados na excelencia artesanal, a innovación e a empregabilidade. Tamén imparte certificados profesionais subvencionados de reparación de xoiería homologados polo Ministerio de Traballo do Goberno de España.
Ademais do seu compromiso cunha formación técnica rigorosa e personalizada, a escola destaca polo seu programa Erasmus+, grazas ao cal os seus estudantes poden realizar prácticas profesionais durante 4 a 6 meses en empresas de alta xoiería da Unión Europea, principalmente en países como Francia, Italia ou Portugal. Esta experiencia internacional permite aos mozos aplicar os seus coñecementos, integrarse en contornos laborais reais e medrar persoal e profesionalmente.
Dende os seus obradoiros saen cada ano xoias únicas deseñadas e elaboradas a man polo alumnado, fusionando tradición ouriveira con deseño contemporáneo. Moitas das súas creacións foron seleccionadas para feiras, concursos e exposicións nacionais e internacionais.
A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico tamén participa activamente en iniciativas educativas na cidade costeira de Vigo, como a Feira de Ensinanzas Artísticas, Profesionais e Universitarias de Vigo, onde dá visibilidade a unha formación con gran futuro laboral e creativo. A colaboración constante da escola con diferentes entidades da cidade fan que se proxecte a través dos traballos artesanais e artísticos en diferentes foros e/ou eventos que se producen anualmente. Con iso, fai que os seus alumnos e alumnas se integren na vida da cidade non só a nivel educativo senón de tradicións e actividades.
A escola busca constantemente un enfoque práctico e personalizado, xa que cada alumno ou alumna é único e irrepetible; por iso, cada un aprende ao seu ritmo nos obradoiros. Os estudantes dende o primeiro día no centro crean os seus deseños e desenvólvenos de maneira artesanal ao seu ritmo, sempre intentando que a aprendizaxe sexa constante para interiorizar todos os procesos dunha maneira natural.
A filosofía da escola é "A xoiería como ferramenta educativa e de inclusión no século XXI". Por iso, trabállase coas intelixencias múltiples dos seus estudantes, as competencias clave e a mirada posta na AXENDA 2030. Outro dos seus puntos fortes é que o alumnado viaxa dende diferentes puntos do planeta, o que xera un clima multicultural e interxeracional. Isto tradúcese nunha ampla variedade de referencias que o acompañarán ao longo da súa vida.
Nesta última década a escola, que naceu no ano 2001, está a ser considerada un referente nacional en artesanía e "vivero" das grandes multinacionais do luxo europeas que buscan talento nesta escola ubicada no noroeste de España. Isto é posible grazas a unha clara sintonía entre a escola e as empresas