A iniciativa, que xa cumpre a súa décimo sexta edición, tivo lugar no Mercado de As Travesas de Vigo. A representante autonómica destacou a solidariedade da cidadanía viguesa, que xa permitiu repartir máis de 180.000 xoguetes ao longo dos anos.
Durante o acto, Ana Ortiz estivo acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e polo organizador da iniciativa, Carlos Leiro. A delegada felicitou aos impulsores da campaña e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.
A recoleita de agasallos comezará esta semana e finalizará os primeiros días de xaneiro, cando se realizará a entrega. "Temos que conseguir que todos os nenos sorrían este Nadal porque a súa alegría será a nosa e por iso gustaríame tamén pedir a todos os vigueses que participen e doen", sinalou Ortiz.
Na edición do pasado ano 2025, recolléronse máis de 25.000 xoguetes, elevando a suma total doados ao longo das edicións a máis de 180.000 regalos, en colaboración con máis dun centenar de asociacións e colectivos de Galicia.




