A presentación da cita tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, onde se confirmou o carácter de Copa de España da competición. A iniciativa, organizada polo Club AMC e o CD ARCO co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, busca potenciar a canteira e atraer deportistas de máximo nivel de ambos os países.
Na presentación participaron representantes institucionais como Manuel Pérez González, xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense; José María Lago Cabo, deputado provincial; e Diego Lourenzo Moura, concelleiro de Deportes de Verín, xunto a membros da organización. Destacouse que é o único campionato de sanda en España e Portugal orientado especificamente á promoción de novos talentos.
O concelleiro Diego Lourenzo subliñou a satisfacción do Concello por acoller un evento que fomenta o intercambio e o crecemento dos máis novos a través do deporte. A participación de 12 clubs favorecerá o intercambio de experiencias e o estreitamento de vínculos entre as entidades de ambos os países, ademais de dar visibilidade ao sanda e á labor formativa dos organizadores.
A entrega de trofeos está prevista para o sábado ás 19:00 horas e contará coa presenza de membros dos equipos nacionais de sanda de España e Portugal. A competición reunirá a máis de 70 atletas de 12 clubs de España e Portugal.




