A partir do 5 de outubro, a Casa da Xuventude acollerá estas sesións semanais, que se estenderán ata a celebración do Xoves de Compadres de 2027. O programa ofrece 24 prazas para a creación da careta e 20 para a confección do traxe, cun horario fixado entre as 16:00 e as 19:30 horas de luns a xoves.
As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude entre o 23 de setembro e o 2 de outubro ás 14:00 horas. O trámite pode realizarse de xeito presencial no Rexistro de Entrada municipal ou a través da Sede Electrónica do Concello, achegando a documentación requirida e o xustificante de pagamento.
O custo da matrícula é de 120 euros para o curso completo, mentres que a inscrición nunha única modalidade ten un prezo de 85 euros. Os participantes deberán achegar os seus propios materiais e, no caso da costura, contar con máquina de coser e coñecementos previos de labores téxtiles.




