O accidente tivo lugar á altura do portal número 89 desta céntrica vía da localidade ourensá. A vítima, a pesar de requirir asistencia sanitaria, non necesitou ser liberada polos bombeiros, que tamén se desprazaron ao lugar dos feitos.
Ata o punto do suceso achegáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, a Policía Local, os bombeiros e Protección Civil de Verín para atender a emerxencia e coordinar a resposta.




