Os servizos de emerxencia non puideron facer nada para salvar a vida dunha persoa cuxo cadáver foi localizado no río Támega, á altura da praia fluvial de Verín. O aviso chegou á Sala de Operacións do 112 Galicia preto das 13:10 horas deste mediodía.
Ata o lugar desprazouse un dispositivo de emerxencias que incluíu aos Bombeiros de Xinzo de Limia, o GES de Laza e o de Muíños, ademais da Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.
A intervención conxunta da dotación de bombeiros e os membros do GES de Laza permitiu o rescate do corpo da vítima. Non obstante, confirmouse o seu falecemento.




