O ciclo "Noites de cine" continúa esta noite no Barco de Valdeorras coa proxección de "Unha película de Minecraft". A longametraxe adéntrase no mundo do popular videoxogo, onde a creatividade é esencial para a supervivencia.
A trama segue a catro personaxes, Garrett "o Basureiro" Garrison, Henry, Natalie e Dawn, que se ven arrastrados a través dun portal cara a un estraño mundo exterior de forma cúbica.
O evento terá lugar na Praza Maior ás 22:45.




