Enrique Álvarez Barreiro deixa a alcaldía de Vilamartín

O rexedor socialista renuncia por motivos persoais e a súa substitución será o 8 de xuño.

Imaxe xenérica dun concello galego de pedra con balcón ornamentado e raís de ferro, luz solar cálida da tarde.
IA

Imaxe xenérica dun concello galego de pedra con balcón ornamentado e raís de ferro, luz solar cálida da tarde.

O socialista Enrique Álvarez Barreiro deixa a alcaldía de Vilamartín por "motivos estritamente persoais" que requiren maior atención á familia.

O pleno municipal de Vilamartín aprobou hoxe por unanimidade o orzamento de 2026, cifrado en 1.649.854 euros. A sesión contou coa presenza de oito concelleiros, cinco do PSOE e tres do PP, e apenas xerou debate.
Tras a aprobación do orzamento, dúas concelleiras do Partido Popular, María Isabel Santos Losada e Susana María Morgado Monteiro, anunciaron que continuarán na corporación como concelleiras non adscritas, debido a diferenzas co voceiro do seu grupo, José Pinto Álvarez.
A renuncia do alcalde socialista, Enrique Álvarez Barreiro, xa se viña comentando en círculos políticos. O propio alcalde anunciou a súa decisión, que será levada a pleno o próximo 8 de xuño, alegando "motivos estritamente persoais" que o levarán a dedicar máis tempo á súa familia.
A actual tenente de alcalde, Sherezade Núñez Rodríguez, tomará posesión do cargo na seguinte sesión plenaria. Con esta renuncia, o número de alcaldesas na comarca de Valdeorras (que xa inclúe Carballeda, Larouco, Petín e A Rúa) superará ao de alcaldes.