O posto, cunha duración de 9 meses, está destinado a labores de mantemento e urbanización de zonas de uso público do Concello. O traballador contratado debe ter entre 18 e 29 anos e estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Esta iniciativa enmárcase dentro dos programas de fomento do emprego xuvenil e busca mellorar as infraestruturas e espazos públicos do municipio.




