A localidade de A Pobra de Trives volveu ser o epicentro mototurístico coa celebración da súa XXI Concentración. O evento, organizado polo Motoclub Os Esquíos Trives, atraeu a preto de 400 participantes que encheron as rúas da vila.
A programación comezou o venres coa apertura de inscricións e a tradicional chorizada na rúa San Martín. Máis de 350 persoas gozaron desta cea de benvida, á que seguiu unha festa de sangría e a actuación do grupo Broken Peach, ademais de karaoke e música ata ben entrada a madrugada.
O sábado, día central da concentración, estivo marcado polo constante movemento de motocicletas. Os asistentes participaron nunha ruta turístico-gastronómica que percorreu diferentes puntos da comarca, con paradas para degustar produtos locais.
A cita consolidouse como un dos encontros moteros de referencia na comarca.




