O Concello de Toques vén de contratar a un mozo, inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para o posto de Peón Forestal. A contratación, que se iniciou o pasado 14 de outubro, realízase mediante cofinanciación da Unión Europea.
Esta actuación enmárcase na Orde do 22 de maio de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. A iniciativa conta coa colaboración de entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, e está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.




