A intervención, que xa se atopa en execución, contempla a retirada de lodos e sedimentos acumulados na zona, así como a instalación dunha compuerta abatible de aceiro inoxidable e dunha escala para peixes. O obxectivo é mellorar a conectividade ecolóxica do río e a calidade da zona de baño durante o verán.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou as obras e destacou que a actuación responde a peticións veciñais e de pescadores. A primeira fase, xa concluída, centrouse na limpeza do cauce. Os traballos retomaranse a finais de setembro tras o verán.
“"Poñer en valor unha zona cun importante valor natural, mellorando tanto as infraestruturas hidráulicas como as condicións ambientais e recreativas da praia fluvial do Furelos."
A instalación da compuerta abatible permitirá o uso recreativo do encoro durante o estío, mentres que a escala para peixes garantirá a continuidade ecolóxica do río cando esta permaneza pechada. A previsión é que as obras finalicen en novembro.




