A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, na capital galega para abordar asuntos relevantes para o municipio lucense relacionados coa xestión das augas e dos residuos municipais.
Ambos os dirixentes coincidiron na importancia de impulsar iniciativas que garantan un servizo de saneamento de calidade para os veciños e veciñas de Pantón. A conselleira lembrou o compromiso do Goberno galego de ofrecer apoio técnico e económico aos concellos para optimizar as súas competencias en abastecemento e saneamento.
No encontro tamén se tratou a xestión dos residuos municipais. Vázquez sinalou que a Xunta convoca anualmente axudas destinadas a mellorar a xestión dos biorresiduos, modernizar os puntos limpos e avanzar na dixitalización dos servizos de recollida de lixo.




