A intervención, cuxo investimento ascende a 402.269 euros, consistirá na execución dunha nova glorieta de 28 metros de diámetro exterior en Trado. Esta nova rotonda busca resolver os accesos ao polígono industrial de Trado, a Pontedeva e a Valongo, incrementando a seguridade viaria na intersección da estrada autonómica con tres viarios municipais.
A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, informou hoxe da publicación deste trámite no Diario Oficial de Galicia. A partir do venres 20 de novembro, poderanse presentar suxestións ao proxecto ata o 5 de xaneiro.
O proxecto contempla a execución dunha nova rotonda de 28 metros de diámetro exterior e 8 metros de diámetro interior, substituíndo a actual miniglorieta no punto quilométrico 0+890 da OU-194. Ademais, a intervención inclúe a mellora do sistema de drenaxe mediante a renovación das canalizacións.
O prazo de execución das obras será de 12 meses. Durante a súa execución, prevese habilitar un desvío provisional para o tráfico e garantir o correcto funcionamento do nó viario.




