O traballo artesanal, que comezou o pasado venres, centrouse na decoración do contorno do Santuario dos Remedios. Os residentes da zona participaron activamente na recollida e colocación dos pétalos e elementos vexetais que compoñen os deseños.
Máis aló do carácter relixioso da xornada, a iniciativa busca poñer en valor o patrimonio cultural da comarca. Un dos elementos máis destacados nas composicións florais deste ano é a representación da cuncha de vieira, símbolo universal do Camiño de Santiago, co obxectivo de reivindicar o paso desta ruta histórica polas terras de Caldelas.




