A programación, organizada pola Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, inclúe unha mostra cultural, gastronómica e artesanal que se estenderá ata o domingo. O espazo expositivo principal situarase na Praza do Kasko, onde se exhibirán os atractivos turísticos, a oferta cultural e o patrimonio da vila.
Ademais da exposición, o evento contará con postos de artesanía e gastronomía galega, así como catas comentadas de viños. A música terá un papel relevante na xornada, destacando a actuación do grupo vilalbés Noxo me Dás o sábado pola noite, seguido polo grupo Astarot.
A representación institucional de Vilalba participará na inauguración oficial este venres, destacando a importancia desta iniciativa para proxectar a imaxe da localidade fóra das súas fronteiras e amosar a súa oferta turística a centos de quilómetros de distancia.




