O Premio Agustín Fernández Paz de literatura xuvenil celebra o seu décimo aniversario

O certame, que honra a figura do escritor vilalbés, abre o prazo de presentación de obras ata o 12 de xullo.

Imaxe xenérica de libros apilados nun ambiente de lectura.
IA

Imaxe xenérica de libros apilados nun ambiente de lectura.

O IESCHA, en colaboración co Concello de Vilalba e Xerais, convoca unha nova edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, que celebra o seu décimo aniversario.

Este recoñecido certame, que rende homenaxe ao escritor vilalbés galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, abriu o seu prazo de participación o pasado xoves, coincidindo coa celebración do Día do Libro. Os interesados poderán presentar as súas obras ata o vindeiro 12 de xullo.
Ao longo da súa traxectoria, o premio distinguiu a autores de renome como Lois Pérez, María Reimóndez ou Antía Yáñez, consolidándose como un referente na literatura xuvenil galega.
As bases establecen que as obras terán unha extensión libre e deberán presentarse encadernadas, por cuadriplicado, e baixo o sistema de plica. Isto implica un sobre separado, co título e lema da obra, que conterá todos os datos do autor ou autora.
Como en edicións anteriores, o galardón consiste nun premio único e indivisible de 3.000 euros. Ademais, a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición dos primeiros 1.500 exemplares.