Xornada en Vilalba sobre redes de comunicación alternativas

Un evento gratuíto explorará tecnoloxías como LoRa e MeshCore que non dependen de internet nin da telefonía móbil.

Imaxe xenérica de diagramas de redes de comunicación descentralizadas.
IA

Imaxe xenérica de diagramas de redes de comunicación descentralizadas.

A localidade de Vilalba acolle este sábado 4 unha xornada teórico-práctica sobre redes de comunicación descentralizadas que non precisan de internet nin de telefonía móbil.

Aficionados á electrónica, telecomunicacións e software libre terán a oportunidade de coñecer sistemas como LoRa, Mestastic e MeshCore, que permiten crear redes de comunicación entre dispositivos sen depender de infraestruturas convencionais.
Estas tecnoloxías, cada vez máis presentes na radioafición, establecen redes en malla (mesh) onde cada aparello actúa como nodo, ampliando o alcance e a resiliencia das comunicacións. Os organizadores sinalan que abren novas posibilidades para redes locais de longo alcance e baixo consumo enerxético.
A xornada, organizada pola Unión de Radioaficionados Españoles de Lugo (Urel), a Unión de Radioaficionados da Terra Chá (Uretc) e a Ure Costa Lucense, terá lugar no salón de actos do Consello regulador da DOP Queixo San Simón da Costa.
A participación é gratuíta ata completar aforo e desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas. Recoméndase realizar inscrición previa chamando ao teléfono 630.05.45.17.