Un particular alertou ao 112 Galicia sobre as sete menos cuarto da tarde dunha persoa que circulaba en bicicleta pola estrada LU-P-0105, á altura de A Regueira. Segundo o aviso, o ciclista precipitouse por un terraplén duns dous metros e posteriormente chocou contra unha árbore.
Aínda que unha ambulancia desprazouse ao lugar, o persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, debido á gravidade das fracturas sufridas pola vítima, solicitou a asistencia dun helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A aeronave foi a encargada de trasladar ao ciclista ferido ao hospital Lucus Augusti (Hula).
Desde o 112 tamén se informou do suceso á Garda Civil de Tráfico, ao GES da Pontenova e aos bombeiros do parque comarcal de Vilalba. Non obstante, a súa intervención non foi necesaria xa que o ferido se atopaba nun lugar accesible e non requiría labores de rescate.




