O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Castro de Rei na presentación desta proba hípica, que conta co apoio do Goberno galego.
Villares eloxiou o traballo do club Val de Francos, destacando que "en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica". Subliñou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, en parte a través dun convenio coa Federación Hípica Galega que destina máis de 80.000 euros para as actividades deste ano.
A competición en Castro de Rei transcorrerá por camiños forestais, agás nos cruces de estradas, e ofrecerá tres modalidades con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros. As inscricións poderán formalizarse ata mañá a través da Federación.




