A instalación, que se atopa nunha casa de pedra de principios do século XX que albergou o cuartel da Garda Civil, estivo aberta de forma puntual durante o último ano. Este tempo aproveitouse para realizar un investimento significativo na súa posta a punto xeral e na renovación dos equipos informáticos.
Ademais, procedeuse á contratación dunha técnica de turismo que se encargará da xestión do museo e de impulsar as actividades turísticas no municipio. A súa labor incluirá a promoción dos atractivos naturais, as rutas de sendeirismo, as experiencias culturais e as infraestruturas locais.
A nova responsable non só recibirá e acompañará as visitas no seu percorrido polo museo, senón que tamén guiará a aqueles que desexen descubrir outros puntos de interese do municipio chairego, como a lagoa, que foi obxecto dunha recente restauración ecolóxica.
“"A atención será dinámica."
O horario de reapertura será o sábado de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30, e o domingo de 11.30 a 14.00 e de 16.30 a 18.30. O rexedor tamén indicou que se dará un impulso importante á promoción dos recursos turísticos do municipio a través das redes sociais e da propia web do Museo das Aves. O edificio histórico tamén conta cun albergue na planta superior, que se volverá a poñer a disposición para acoller a persoas vinculadas aos xogos tradicionais.




