O pasado 16 de novembro de 2026, a localidade da Estrada celebrou unha data significativa para a súa historia cultural: o 150 aniversario do nacemento de Manuel García Barros, recoñecido como unha das figuras máis relevantes da cultura e a literatura galegas.
As concelleiras de Cultura e Educación, Lucía Seoane e Amalia Goldar, desprazáronse ata o IES Manuel García Barros para a inauguración da exposición “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”. Esta mostra foi cedida polo Concello da Estrada a dito centro educativo.
No acto participaron a directora do centro, Norma Pillado, a profesora Mari Ruzo, e os escritores e investigadores Carlos Loureiro e Xoán Carlos Garrido, quen impartiron unha conferencia sobre a figura do célebre escritor.
Ademais, a ilustradora Rosa de Cabanas cedeu un retrato de Manuel García Barros para a ocasión.
Posteriormente, Goldar e Seoane visitaron o IES Antón Losada, onde se cedeu un mural de Rosalía de Castro, obra do artista Cayetano Lledó.




