Esta peza, cunha altura de 2,20 metros e un peso de 260 kg, é o primeiro grupo escultórico do artista que reúne á figura literaria galega coa súa familia. A obra, realizada no taller madrileño de Novo e coa colaboración de María M. Andura na produción de escultura pública, busca transmitir unha imaxe de proximidade e vida cotiá, afastándose da representación solemne habitual.
O obxectivo de Novo foi capturar un instante íntimo e familiar, logrando unha escena próxima que invita á cidadanía a interactuar cos personaxes. A complexa tarefa de retratar aos tres membros da familia requiriu unha importante labor de investigación para asegurar a súa identificabilidade e a naturalidade da escena, como se estivesen paseando pola rúa.
Agora o traballo de Novo pertence á xente, algo que lle satisfai enormemente, xa que recoñece que nunha galería o público que goza do seu traballo é máis delimitado.
A escultura complétase coa reprodución en aceiro corten da "Carta aos Estradenses", un documento histórico que se representa desta forma por primeira vez.




