Esta cita deportiva, que forma parte do calendario da federación galega, corresponde á Regata Galega nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, na modalidade K1 sobre unha distancia de 1.500 metros.
A organización deste evento é froito dun convenio de colaboración asinado entre o alcalde de O Incio, Héctor Corujo, e o vicepresidente da federación galega de piragüismo, Martín Carballo Méndez.
“"Iniciativas deste tipo supoñen unha oportunidade para dar a coñecer o concello e atraen tamén ás persoas que acompañan aos deportistas, o que contribúe a dinamizar a actividade local."
Con esta nova competición, o encoro de Vilasouto dá continuidade ás actividades náuticas que xa acolleu o ano pasado, cando foi sede da Liga Galega Infantil, reunindo a máis de 200 deportistas, e tamén dunha regata da XIV Liga Provincial de Piragüismo. O alcalde Corujo destacou o potencial da zona para este tipo de eventos e a vontade municipal de seguir impulsando os deportes acuáticos.
Cabe recordar que a práctica do piragüismo no encoro de Vilasouto estivo prohibida desde os anos 90, unha restrición que foi levantada no ano 2022, abrindo novas posibilidades para o desenvolvemento deportivo na comarca.




